- A empresa prestadora xestionará o espazo de restauración no interior das instalacións, as máquinas expendedoras e instalará unha terraza no xardín exterior do Pazo de Feiras
- A inauguración da cafetería e restaurante terá lugar o vindeiro 29 de xullo ás 20:00 horas
- “A contratación do servizo e un obxectivo no que vimos traballando dende hai tempo porque supón poñer en valor as instalacións e unha mellora importante nas prestacións ao alcance de visitantes, persoas e entidade expositoras e da xente que traballa a diario no noso recinto”, afirma o xerente Rubén López
Lugo, 22 de julio 2022 – O Patronato da Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo resolveu o concurso da concesión do servizo de cafetería en favor de Grupo Nutrir s.c.
O contrato de explotación terá unha vixencia de cinco anos e contará coa opción de dúas prórrogas de un ano extra. A empresa seleccionada, administrada por Gastón Yorio e Claudia Lorenzo, acredita unha dilatada experiencia na xestión de negocios hostaleiros con establecementos de recoñecida reputación como a pastelería Dulce Baralla, localizada na poboación da comarca dos Ancares.
O servizo comezará a funcionar o vindeiro 29 de xullo ás 20:00 horas coa inauguración de “Pazo Eventos”, o nome baixo o que funcionará a cafetería, asador e restaurante. A empresa prestadora xestionará o espazo de restauración no interior das instalacións, as máquinas expendedoras e tamén instalará unha terraza no xardín exterior do Pazo de Feiras, unha paraxe privilexiada na que gozar da natureza.
O xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, subliña o valor engadido que suporá retomar a actividade nese espazo: “A contratación do servizo e un obxectivo no que vimos traballando dende hai tempo porque supón poñer en valor as instalacións e unha mellora importante nas prestacións ao alcance de visitantes, persoas e entidade expositoras e da xente que traballa a diario no noso recinto”.