
O sábado 14 de novembro o Pazo de Feiras volverá converterse nunha gran pista de baile coa chegada de Molan los 2000.
Tras o éxito da súa primeira edición en Lugo, o evento regresa cunha noite dedicada ao reggaetón e á música dance que marcaron toda unha época. Unha oportunidade para volver bailar os temas dos anos 2000 nun espectáculo con actuacións en directo e ambiente de festival.
O cartel desta edición reúne a Henry Méndez, XRIZ, Fuego, Alberto Gambino, Charly Rodríguez, Romántico Latino e Juanma Sound.
As portas do recinto abrirán ás 20:00 horas, o evento comezará ás 21:00 horas e o remate está previsto para as 02:30 horas.
Información práctica
- Data: sábado, 14 de novembro de 2026
- Apertura de portas: 20:00 horas
- Inicio: 21:00 horas
- Fin previsto: 02:30 horas
- Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
As entradas están dispoñibles a través da canle oficial de venda:

