
O próximo venres 13 de novembro, Iván Ferreiro chega ao Pazo coa súa xira Hoy x Ayer, un percorrido polos 35 anos dunha carreira que vai desde a súa etapa á fronte de Los Piratas ata a actualidade.
O músico de Nigrán repasará algunhas das cancións que marcaron a súa traxectoria e varias xeracións de seguidores nun concerto enmarcado nos Concertos do Xacobeo.
A noite contará tamén coa actuación de Querido como banda convidada. O grupo está liderado por Andrés Ferreiro, fillo do artista, e será o encargado de abrir unha cita especialmente pensada para quen leva anos acompañando as cancións de Iván Ferreiro.
As portas do recinto abrirán ás 20:00 horas e o concerto comezará ás 21:00 horas.
Información práctica
- Data: venres, 13 de novembro de 2026
- Apertura de portas: 20:00 horas
- Inicio: 21:00 horas
- Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
- Banda convidada: Querido
As entradas están dispoñibles a través da canle oficial de venda:

