La Voz Open de Warhammer 40k 2026, terceira edición

Os vindeiros 29 e 30 de agosto, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá a terceira edición de La Voz Open, un dos torneos de xogos de estratexia e miniaturas máis relevantes do circuíto actual. O evento está organizado pola empresa lucense Bandua Wargames xunto ao podcast especializado La Voz de Horus, e conta co apoio da Deputación de Lugo mediante unha achega económica de 5.000 euros.

Dimensións e relevancia do torneo

Esta edición ocupará unha superficie de máis de 3.600 metros cadrados das nosas instalacións, igualando o espazo empregado en grandes eventos recentes como o campionato internacional de billar. O encontro ten unha marcada capacidade de atracción turística, xa que máis do 80% das persoas asistentes proveñen de fóra da provincia de Lugo. A nivel organizativo, este torneo sitúa á cidade á altura doutras sedes do sector como París, Portland ou Nova Jersey.

Clasificación para os World Championships of Warhammer

La Voz Open forma parte do circuíto oficial Iberian Open 2026. Este ano, o torneo outorgará un total de oito prazas clasificatorias directas para o Mundial, sendo a cita estatal que máis pases reparte nesta disciplina.

Entre os galardóns principais, poñeranse en xogo tres Golden Tickets:

  • Supergolden Tickets: Para os dous primeiros clasificados. Inclúe o pase directo ao campionato mundial en Barcelona e unha dotación de 800 euros para os gastos da viaxe.
  • Premio Best Overall: Un terceiro Golden Ticket e unha achega de 400 euros para o xogador que, ademais do seu desempeño na competición, se presente co seu exército pintado persoalmente, valorando así a vertente artística e de modelismo.

Inscricións e acceso

O evento está deseñado tanto para xogadores habituais de Warhammer 40k como para o público xeral interesado en coñecer de preto o modelismo e o desenvolvemento destas partidas de estratexia.

Tódalas persoas participantes recibirán un Welcome Pack con agasallos garantidos por parte da organización. Ademais, as primeiras inscricións formalizadas contarán con sorpresas adicionais.

Para obter máis información, pódese acceder á páxina oficial de Bandua Wargames.

Cartel la voz open tercera edición 2026

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    29 agosto, 2026
  • F. fin
    30 agosto, 2026
  • Categoría