Para ver las fechas actuales de XUVENLUGO 2022 haz click aquí.

 

 

AVISO IMPORTANTE: Por motivo do publicado no DOG Núm. 241 de dara 17 de decembro de 2021, ORDE 14 de decembro de 2021 polas que se establecen medidas preventivas de seguridade, para poder acceder a Xuvenlugo, a partir das 00:00 horas do día 18 de decembro de 2021, os maiores de 12 anos deberán presentar un certificado emitido polo Servizo Público de Saúde, ou no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concurrencia de calquera das seguintes circunstancias:

  1. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización, de conformidade co Regulamento (CE) nº 726/2004.
  2. Que dispoñen dunha proba diagnóstica nefativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
  3. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-COV-2 nos últimos 6 meses.

Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.

Máis información na páxina 61838 do DOG número 241.

Grazas e un saúdo.

 

A feira de ocio xuvenil contará con diferentes actividades para os máis novos. O Salón do Ocio Infantil e Xuvenil vai  ter lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante boa parte das datas de nadal e cun horario de 16:30 a 20:30.

 

Datas de apertura 2021/2022

Do 4 ao 8 de decembro de 2021

Do 11 ao 12 de decembro de 2021

Do 18 ao 19 de decembro de 2021

Do 22 ao 23 de decembro de 2021

Do 25 ao 30 de decembro de 2021

Do 1 ao 4 de xaneiro de 2022

Do 6 ao 9 de xaneiro de 2022

AVISO: Os días 10 ,11 e 12 de decembro as actividades que temos no pavillón 1 permanecerán pechadas por motivo da II Copa Galega de Esacalada.

Táboa de prezos

O precio da entrada xenérica ao Salón de ocio é de 6€

Bono grupo (10 persoas por 50€, válido para un só día)

A entrada inclúe todas as atraccions e inchables todas as veces que queiras excepto as seguintes actividades:

Pista de minigolf: 1,5 €

Pista de slot: 2€

Escape Room: 5€

Rocódromo: 2 €
(Dous ascensos, maiores de 4 anos)

Prezos para Concellos, Colexios e Asociacións faranse con reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas e a entrada terá un prezo de 4,50€

A venda de entradas será no despacho de billetes cada día, non é necesario comprar as entradas con anterioridade (fóra de grupos, que necesitan reserva previa)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CONCELLO DE LUGO:

DÍA 10 DE DECEMBRO DE 2021

XORNADA DE PORTAS ABERTAS DEPUTACIÓN DE LUGO:

DÍA 17 DE DECEMBRO DE 2021

Papá Nöel en Xuvenlugo

Durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán no Pazo da visita o día 23 de Decembro, de Papá Nöel para recoller as cartas dos nenos/as. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes podan sacar fotografías.

Máis información acerca de Xuvenlugo:

Como en anos anteriores, a 23ª edición de Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor que os une, dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de
atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para ter unha tarde en familia moi divertida. Establécense diversas áreas destacando a presenza de:

1 · ESPAZO INFANTIL (LUDOTECA):
Zona pensada para nenos e nenas de cero a sete anos. Pretende ser un espazo que oferte actividades adaptadas para esas idades onde poidan estar con total seguridade e pasándoo en grande. Este espazo estará xestionado por monitores debidamente experimentados e cualificados. O espazo, ubicado no túnel de conexión entre pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, terá unha zona para nenos de 0 a 3 anos e outra con nenos de 4 a 6 anos, xa que pensamos que un par de anos nestas idades nótase moito. Estos espazos non estarán divididos fisicamente xa que moitos dos nenos veñen cos seus irmáns e non queremos que pensen que están en espazos diferentes:

· A primeira área destinada aos nenos de 0 a 3 anos estará dotada dun chan de Paviplay delimitado que ailla do pavimento facilitando que os nenos e nenas poidan estar sentados no chan, gatear e
xogar con comodidade, protexéndoos ante caídas ou golpes. Neste espazo haberá xogos e xoguetes variados: de percepción sensorial, de manipulación, de coordinación de movementos, xogos de
psicomotricidade, pezas de construción xigantes, tobogán, quebracabezas, cubos de figuras, correpasillos, casiña de xogos, etc. Ademáis neste espazo presentamos a Mario Bross, un inchable especial para nenos de 0 a 3 anos (medidas: 5m longo x 4,2 m ancho x 2.3 m alto), que se converte no lugar ideal para iniciar aos máis pequenos en actividades motrices de equilibrio ou salto.

• A segunda área da Ludoteca, para nenos de 4 a 6 anos, conta cun inchable chamado Bombeiros, especial para nenos xa que é moi compacto e protexido (medidas: 6 m longo x 5 m ancho x 2,7 m
alto).

Espazo de animación dentro da Ludoteca Continuando o percorrido de actividades no túnel, temos un abano de posibilidades de xogo e diversión: En primeiro lugar, un espazo de talleres. Este espazo, dotarase de materiais para a realización de diferentes talleres, organizados en días rotatorios, tales como: globoflexia, pintacaras, reciclaxe e gran novidade de baile. Tamén habilitaremos unha zona de xogos xigantes: un twistter, un tres en raia, o xogo da ra, paracaídas, aros e xogos tradicionais. Xunto con todas estas actividades nos momentos onde temos un maior número de nenos teremos a visita de Mickey e Minnie, Minion e de Chase da patrulla Canina para que os nenos poidan saudar, sacarse fotos e ata xugar na ludoteca con eles facendo que a visita sexa inesquecible.

2 · ZONA DE XOGOS RECREATIVOS
Nesta zona os mozos/as converteranse en verdadeiras estrelas dos videoxogos. Unha zona preparada cunha gran pantalla cos videoxogos máis populares.

3 · CIRCUITO INTERIOR DE MINIGOLF
Un clásico dentro de Xuvenlugo. Con diversas estacións rotatorias que permiten albergar gran cantidade de participantes e que son a mellor forma de iniciarse neste deporte. Trátase dunha actividade para todos os públicos, non hai que ser un experto, só hai que gozar desta actividade cun percorrido de varios foxos e coas variacions que inclúen cada un deles: subidas, baixadas,
curvas…

4 · PISTA DE SLOT
Os visitantes de Xuvenlugo poderán gozar de pistas de Slot, hobby que atrae tanto o público infantil como ao adulto. O circuíto permite que xoguen 4 persoas a mesmo tempo, deste xeito, convértese nunha actividade a disfrutar para toda a familia.

5 · INCHABLES DE GRAN FORMATO
Ademáis dos inchables da zona infantil, este ano contaremos con tres inchables de gran tamaño con innumerables posibilidades de xogo.

· Inchable multideporte
Este inchable de grandes dimensións soprenderá aos usuarios e conseguiran que gocen ao máximo a experiencia competindo entre eles. Pódese utilizar para fútbol ou voleibol.

· Pista multiaventura
A pista multiaventura é o mellor inchable para superar obstáculos xa que consta de dúas zonas diferenciadas. Na primeira aparecen uns buracos ao entrar e a continuación atopamos uns pilares verticais e dous tubos horizontais que os usuarios deben superar. Ao chegar a segunda zona, hai unha rampa de 3,5 m que os nenos teñen que escalar coa axuda dos ladrillos e ao chegar ao cumio deslízanse por un gran tobogán terminando o percorrido. Este inchable é moi dinámico e movido xa que os nenos non paran de superar obstáculos entrando e saíndo do inchable.

· Inchable Harlem Globettroters
Un inchable novo no que os nenos se sentirán estrelas do baloncesto facendo mates espectaculares nas canastas desta atracción.

6 · ESCAPE ROOM
Este ano ofrecemos a novidade de dous salas de escape de temáticas diferentes. Estes xogos consisten en que os participantes que entren nestas salas, teñen que atopar a saída resolvendo unha serie de enigmas e probas nun tempo determinado. Poderán participar grupos de 2 a 5 persoas dende os 5 anos de idade.

7 · ATRACCIÓNS
Un ano máis, ofrecemos un espacio con numerosas atraccions de feira para todas as idades. Estarán funcionando continuamente toda a tarde para que poidas gozar dunha experiencia de Xuvenlugo completa. Unha ampla variedade de atraccións que recrean o ambiente das festas das cidades e pobos. A gran diferencia é que aquel que compre a súa entrada para Xuvenlugo adquirirá o dereito a subir tantas veces como queira a estas atraccións.

9 · ROCÓDROMO
É a instalación ”indoor” máis importante no panorama nacional que permite desenvolver actividades de montaña nun espazo controlado para satisfacer a demanda de ocio familiar, deporte base, alta competición e formación profesional. É unha actividade para maiores de 4 anos.

· 23 DE DECEMBRO
Durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán da visita de Papá Noel que virá a recoller as cartas dos nenos/as e a escoitar os seus desexos para estas festas. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes poidan sacar fotografías do momento.

Detalles Evento
Etiquetas