The Champions Burger Lugo 2026

dos amigos comen una burger en un champions burger, pero no en el de lugo

A gastronomía urbana e as propostas culinarias máis senlleiras danse a man nunha nova cita de referencia para o público lucense. Do 4 ao 14 de xuño, os xardíns do Pazo de Feiras e Congresos acollen a The Champions Burger. Nesta ocasión, a prestixiosa feira gastronómica aterra na nosa cidade co seu formato «All Star», un evento especial que reúne as hamburguesas máis exitosas e premiadas das súas distintas edicións nun ambiente festivo e musical.

Datos prácticos de The Champions Burger Lugo

  • Datas: Do 4 ao 14 de xuño de 2026.
  • Horario de luns a xoves: De 18:00 h a 00:00 h.
  • Horario de venres a domingo: De 12:00 h a 00:00 h.
  • Inauguración (xoves 4 de xuño): Apertura de portas ás 19:00 h.
  • Acceso: Entrada libre e de balde ata completar o aforo do recinto.

O mellor de cada edición

A diferenza da xira tradicional, a parada en Lugo preséntase baixo a etiqueta «All Star». Isto significa que nesta ocasión o certame non é unha competición, senón unha exhibición culinaria do máis alto nivel. O público asistente terá a oportunidade de degustar sen presas unha coidada selección dos food trucks e as hamburguesas gourmet que fixeron historia a nivel nacional, garantindo o máximo nivel de calidade e sabor.

Participantes confirmados

O evento conta coa participación de destacadas hamburguesarías en xira («Estrelas»), xunto cunha coidada representación local. O prezo das hamburguesas roldará os 14,95 €. Entre as propostas exclusivas que se poderán degustar no recinto atópanse:

  • Nolito’s: «Diamante Azul» (Gañadora #1 España 2025)
  • Cheeck’s: «Sticky Crunchy»
  • Godeo: «Royale Gold»
  • Street Food Burger: «Jordan»
  • Gottan: «Vecna»
  • Tarantín Chiflado: «La Bichota Promax»
  • Rico: «La Ganadora»
  • The Vicbros Burger: «Gladiadora»
  • Toki: «The American Winner»
  • Dak Burger: «Interstellar»
  • Está Rico: «Magma Rosa»
  • Muralla: «G.O.A.T»

A representación local («Distinción Local») correrá a cargo de Malizzia Street Food coa súa exitosa proposta «La Quicos». Ademais das hamburguesas, a oferta compleméntase cunha zona de entrantes (con propostas de Cheeck’s e patacas fritidas Ybarra) e opcións doces, destacando a famosa torta de queixo de Ciriaco.

Vantaxes a través de Uber Eats

Co obxectivo de axilizar o servizo e mellorar a experiencia dos visitantes nos momentos de maior afluencia, a organización colabora con Uber Eats. Os usuarios que creen unha nova conta e fagan o seu primeiro pedido a través da aplicación no interior do recinto poderán beneficiarse dun acceso directo sen colas e gozar da súa hamburguesa a un prezo reducido (12,95 €). Para os clientes que xa empregan a aplicación, tamén é posible evitar as colas facendo o pedido a través da plataforma, establecéndose neste caso o prezo xeral de 14,95 € por unidade.

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    4 junio, 2026 19:00
  • F. fin
    14 junio, 2026 23:59
  • Categoría