
Datas e estruturación do Salón
Para facilitar a experiencia dos asistentes, o evento desenvolverase en dúas quendas diferenciadas. Ademais, este ano amplíanse os días de apertura para o Vehículo de Ocasión, incluíndo as tardes do mércores e do xoves.
- Salón de Vehículo Novo (VN): Do venres 6 ao domingo 8 de marzo.
- Salón de Vehículo de Ocasión e Km 0 (VO): Mércores 11 e xoves 12 de marzo (só en horario de tarde), e do venres 13 ao domingo 15 de marzo.
Horarios de apertura
- Fins de semana (6, 7 e 8 / 13, 14 e 15 de marzo): De 10:30 a 14:30 h. e de 16:00 a 20:00 h.
- Xornadas de ampliación (mércores 11 e xoves 12 de marzo): De 16:00 a 20:00 h.
Programa de actividades en directo
A presente edición contará cun espazo dedicado a charlas e entrevistas, conducido polo creador de contido Fran Lorenzo (Galicia Nómada). A axenda confirmada para a primeira fin de semana é a seguinte:
Sábado, 7 de marzo
- 12:00 h. – Mesa redonda: «O coche eléctrico: presente e futuro». Unha análise do mercado actual xunto a Óscar Fernández (LugoCar), Benito Mayor (Grupo Breogán) e Ramón González (Balpersa).
- 17:30 h. – Entrevista a Pablo Terroba. O enxeñeiro viveirense compartirá a súa experiencia dentro do equipo Red Bull Racing de Fórmula 1, co que se proclamou campión do mundo xunto a Max Verstappen.
Domingo, 8 de marzo
- 12:00 h. – Entrevista a Sergio Vallejo. Encontro co piloto lucense, bicampión de España de rallyes nos anos 2009 e 2014.
Para a segunda quenda (Vehículo de Ocasión), o Salón contará tamén con contido en directo, incluíndo a participación xa confirmada do divulgador e especialista en motor Iván Cabanas (Motortips), cuxa axenda detallarase proximamente.
Servizos, lecer e nova canle de comunicación
Durante a fin de semana, o recinto disporá de servizo de cafetería e contará coa amenización musical en directo a cargo de Álvaro Pardo AKA Mr. Fisherman.
Ademais, como novidade este ano, a organización habilitou unha nova canle oficial de WhatsApp, onde os usuarios poderán recibir actualizacións ao minuto, información exclusiva sobre o evento e participar en sorteos especiais.
Venda de entradas e promocións
As entradas xa se poden adquirir de forma anticipada a través da páxina web oficial do evento: salonautomobillugo.com.
A compra mediante a billeteira dixital permite acceder directamente ao recinto sen agardar colas. Ademais, todos os usuarios que adquiran a súa entrada de xeito online participarán automaticamente no sorteo de dúas entradas para o partido de baloncesto entre o Río Breogán e o Baxi Manresa (a disputar o 28 de marzo), grazas á cortesía do Grupo Breogán.

