Motorshow Lugo 2026

Aerial view car drift on asphalt race track with lot of smoke fr

Volven ruxir os motores en Lugo co MotorShow 2026!

O MotorShow volve outra vez ao Pazo este 21 e 22 de marzo de 2026. Prepárate para vivir a emoción do motor na súa máxima expresión nunha fin de semana chea de adrenalina e velocidade.

Durante ambas xornadas, os asistentes poderán gozar de espectáculos únicos na pista, destacando as impresionantes exhibicións de Drift, onde os pilotos amosarán a súa destreza en manobras que te deixarán sen alento. O domingo, o evento porá o seu broche de ouro co espectacular show en directo de Paulo Martinho, unha actuación única e irrepetible.

Ademais da acción sobre a pista, o recinto contará cunha gran exposición de vehículos, simuladores de condución para vivir a experiencia en primeira persoa e a mellor ambientación a cargo de DJs en directo.

Horarios Oficiais

Sábado, 21 de marzo

  • 8:30 – 10:00 h.: Apertura para expositores
  • 11:00 h.: Apertura de portas ao público
  • 12:00 h.: Exhibición de Drift
  • 16:30 h.: Exhibición de Drift
  • 17:00 h.: Exhibición de Motorwheels
  • 18:00 h.: Exhibición de Kartcross
  • 20:00 h.: Drift Nocturno
  • 21:00 h.: Peche do evento

Domingo, 22 de marzo

  • 10:00 h.: Apertura para expositores
  • 11:00 h.: Apertura de portas ao público
  • 12:00 h.: Exhibición de Drift
  • 16:00 h.: Exhibición de Drift
  • 17:00 h.: Exhibición de Motorwheels
  • 18:00 h.: Exhibición de Kartcross
  • 20:00 h.: Peche do evento

Venda de Entradas

Non perdas esta oportunidade única! Asegura a túa praza e evita colas mercando a túa entrada anticipada a través da seguinte ligazón:

Mercar entradas en Woutick

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    21 marzo, 2026 8:30
  • F. fin
    22 marzo, 2026 20:00
  • Categoría