
Prepárate para vivir a experiencia multiaventura máis grande do inverno en Lugo.
Do 20 de febreiro ao 1 de marzo, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo transfórmase nun enorme parque cuberto con máis de 8.000 metros cadrados de megaestruturas inchables.
Planazo para familias
⭐ Diversión asegurada
Movemento, aventura e emoción
Megaestruturas de gran formato, con impresionantes circuítos de obstáculos, zonas de salto, retos de velocidade e espazos pensados para que nenos, mozos e adultos se movan, rían e se superen.
Se buscas un plan diferente en Lugo, aquí tes diversión asegurada para toda a familia.
- Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
- Do 20 de febreiro ao 1 de marzo
Que vas atopar?
✅ Xigantescos circuítos inchables
✅ Zonas de salto e aventura
✅ Retos de habilidade e coordinación
✅ Espazos temáticos como Los Pitufos® deseñado como ferramenta educativa para achegar aos nenos aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
✅ Máis de 8.000 m² de diversión indoor
Durante as fins de semana, o evento amplíase ao Pavillón 1, converténdose nun dos maiores parques inchables cubertos de Galicia.
Prepárate para vivir unha experiencia diferente, activa e chea de emoción!


