Explora Dinosaurs 2026

Descubre o abraiante mundo destas criaturas prehistóricas nunha exposición pensada para sorprender a pequenos e maiores que estará no Pazo de Feiras os días 7 e 8 de febreiro.

Explora Dinosaurs é unha viaxe no tempo que permite achegarse á historia da Terra a través dunha mostra completa de fósiles e réplicas de dinosauros a tamaño real, coidadosamente recreadas para ofrecer unha experiencia visual impactante e educativa.

Un plan ideal para gozar en familia, aprender e deixar voar a imaxinación nunha experiencia tan divertida como divulgativa.

Información práctica

Horarios Explora Dinosaurs:

  • Sábado 7 de febreiro: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
  • Domingo 8 de febreiro: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Entradas:

  • Nenos (de 2 a 10 anos): 8 €
  • Adultos: 10 €

Podédes mercalas online a través de Ticketrona ou no despacho de billetes do Pazo.

Detalles Evento
Etiquetas