Día do Veciño 2025

XXIII Día do Veciño en Lugo
Un día para celebrar a forza da veciñanza.
Día do Veciño é o grande encontro anual das asociacións veciñais da cidade e da provincia. Unha xornada para compartir, recoñecer o traballo das AVV e baixar ao Pazo en comunidade con artesanía, música, deporte e moita vida social.
Data: Domingo 19 de outubro de 2025Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de LugoOrganiza: Federación de AA.VV. de LugoAcceso: Só con inscrición previa a través da túa Asociación Veciñal (AVV).
Programa destacado:
  • 10:00 h · Inauguración da mostra de artesanía e produtos do campo.
  • 10:30 h · Apertura da exposición das actividades 2025 das AVV.
  • 11:30 h · Partido amigable entre xornalistas, políticos e veciños.
  • 12:30 h · Actuación de música tradicional.
  • 13:00 h · Exhibición de baile.
  • 14:00 h · Comida veciñal.
  • 16:00 h · Entrega das “V do Veciño” e clausura.

Consulta o cartel para confirmar horarios e posibles cambios de última hora.

Como participar:
  • A asistencia é exclusiva para persoas inscritas previamente pola súa AVV.
  • Se queres vir, contacta coa túa asociación e solicita a túa praza.
  • Non haberá acceso libre o propio día do evento no Pazo.
Colaboran: Deputación de Lugo, Concello de Lugo, Federación de Comercio de Lugo e ABANCA.
Anímaste a baixar ao Pazo coa túa AVV? Ponte en contacto coa túa asociación e vémonos o domingo 19!

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    19 octubre, 2025
  • F. fin
    19 octubre, 2025