Car Outlet Lugo 2026

coches en car outlet lugo 2026

Car Outlet Lugo 2026 reúne máis de 400 vehículos no Pazo de Feiras e Congresos

Do 6 ao 8 de novembro, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle unha nova edición de Car Outlet Lugo, a maior exposición de vehículos de ocasión e quilómetro cero da provincia.

Durante tres días, o público poderá percorrer 9.000 metros cadrados de exposición e coñecer unha oferta de máis de 400 vehículos, reunidos nun mesmo espazo para facilitar a comparación e a busca do coche que mellor se adapte a cada persoa.

Car Outlet Lugo convértese así nunha oportunidade para quen estea pensando en cambiar de vehículo e queira coñecer diferentes opcións durante unha única visita.

  • Datas: 6, 7 e 8 de novembro de 2026.
  • Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
  • Horario do venres e do sábado: de 11:00 a 20:30 horas.
  • Horario do domingo: de 11:00 a 20:00 horas.

Contará coa participación de Pardo Automoción, Copersa Lugo, Blendio Lugo, Autoiglemar, Sibuscascoche, Apersa Lugo, Hyupersa Lugo, CodigoCar, EBRO, BYD, A3JM Automoción/Talleres Motrio e BBVA Consumer Finance.

Máis de 400 vehículos agardan por ti. O teu próximo coche pode estar aquí.

Cartel do car outlet 2026 de novembro no pazo feiras lugo

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    6 noviembre, 2026 11:00
  • F. fin
    8 noviembre, 2026 20:00
  • Categoría