Car Outlet Lugo 2026

coches en car outlet lugo 2026

O Pazo de Feiras e Congresos convértese de novo no gran concesionario da provincia coa chegada dunha nova edición de Caroutlet Lugo. Esta cita é especialmente sinalada, xa que o evento celebra o seu 15º aniversario achegando as mellores oportunidades do mercado automobilístico a tódalas persoas asistentes.

Datos prácticos do evento

  • Datas: 5, 6 e 7 de xuño de 2026.
  • Oferta: Máis de 400 vehículos dispoñibles.

Concesionarios confirmados

Esta décimoquinta edición contará coa participación das firmas e grupos de automoción máis importantes do sector, garantindo unha variedade de marcas e modelos sen precedentes na provincia:

Un 15º aniversario con cifras de récord

A décimo quinta edición de Caroutlet reúne nun único espazo a maior e máis variada oferta de vehículos de ocasión e de quilómetro cero. Cos seus máis de 9.000 metros cadrados dedicados integramente á exposición do motor, o público terá á súa disposición un stock de máis de 400 automóbiles revisados, con garantía e adaptados a tódalas necesidades e orzamentos.

Esta feira supón unha oportunidade inmellorable para comparar decenas de modelos nunha soa visita, recibir asesoramento profesional directo por parte dos concesionarios e acceder a prezos e condicións de financiamento exclusivas durante a fin de semana. Un ano máis, a instalación reafírmase como o gran punto de encontro estratéxico para impulsar o sector da automoción.

 

Cartel do car outlet lugo 2026

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    5 junio, 2026
  • F. fin
    7 junio, 2026
  • Categoría