
Datas: 22 e 23 de maio de 2026 (ata as 04:00 do domingo 24)
Horarios: Venres ás 18:15 h | Sábado ás 16:30 h (Sesión vermú ás 13:00 h)
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle a edición 2026 do Riot GZ Fest, o gran festival galego de punk e rock. Unha fin de semana inesquecible con dous días repletos de música en directo, foodtrucks e o mellor ambiente.
O cartel
O festival reunirá sobre o noso escenario a bandas lendarias do panorama internacional, estatal e galego:
- Venres 22: Evaristo, The Rumjacks, Cockney Rejects, Bull Brigade, Ruxe Ruxe, Arene 6 e Chulería Joder.
- Sábado 23: The Toy Dolls, Perkele, Sham 69, Lions Law, Misconduct, Keltoi!, Jawless e True Mountains.
*Amenización en directo todos os días a cargo de Jordi Pánico.

Servizos no recinto e cashless
- Sistema Cashless: O pago en barras, roupeiro e merchandising do festival farase exclusivamente mediante pulseira (que podes recargar online de forma anticipada ou no propio recinto).
- Foodtrucks e Feira Candeloria: Nestes espazos NON se pagará con pulseira (admiten os métodos tradicionais de efectivo ou tarxeta).
- O sábado ás 13:00 horas haberá unha Sesión Vermú de acceso libre na Zona da Calzada Romana.
Política de menores
- Menores de 12 anos: Entrada de balde, sempre acompañados dun adulto ao seu cargo.
- De 12 a 16 anos: Deberán acceder con entrada e acompañados por un adulto responsable.
- De 16 a 17 anos: Poden entrar sós presentando a autorización asinada por un titor legal (dispoñible para descargar na web do festival).
Entradas á venda
Últimos abonos e entradas de día dispoñibles tras esgotarse os primeiros tramos de venda anticipada.

