caballo árabe blanco de frente trotando

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo volve converterse no epicentro ecuestre con Equigal 2026! A XIX edición do Salón Internacional do Cabalo de Galicia chega atacada de novidades, deporte, beleza e espectáculo dende o 8 ata o 17 de maio. Para que non perdas nin un só detalle desta gran cita, preparamos esta guía práctica con todas as datas e actividades. E o mellor de todo? A entrada é totalmente de balde!

Datas e horarios Equigal 2026

Para que poidas organizar a túa visita comodamente e atopes o teu plan perfecto no Pazo, velaquí tes o esquema cos días e as exhibicións principais:

Data Actividade Destacada
8 de maio Exhibición dinámica da Garda Real
9 de maio Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo PRG
9 e 10 de maio Concurso Morfolóxico Internacional de Cabalo PRA (IX Arabic Horse Show). Inscibe o teu cabalo antes do 1 de maio aquí.
11 ao 14 de maio Bautismos ecuestres (exclusivo para centros escolares)
15 ao 17 de maio Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos

Guardia Real e concursos morfolóxicos PRA e PRG

Este ano a inauguración será espectacular! O venres 8 de maio abrimos as portas da feira cunha exhibición dinámica da Guardia Real, un evento novidoso e único que non te podes perder para comezar a fin de semana.

O sábado 9 de maio celebrarase o Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo de Pura Raza Galega (PRG). De xeito paralelo, durante o sábado 9 e o domingo 10 de maio, terá lugar o noveno Internacional Arabic Horse Show, un concurso morfolóxico de Cabalo de Pura Raza Árabe (PRA). Este último certame ten un atractivo especial, xa que este ano reparte máis de 4.000 € en premios.

Inscrición de cabalos e eguas para Equigal 2026

Tes un exemplar que queres presentar aos nosos certames? A inscrición de cabalos e eguas para participar no Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo PRG e no IX Equigal Internacional Arabic Horse Show xa está aberta. O prazo remata axiña, así que lembra formalizar a túa solicitude antes do 1 de maio.

Podes inscribir o teu animal de xeito rápido e sinxelo cubrindo os teus datos na seguinte ligazón: Formulario de inscrición Equigal 2026.

O prato forte final: Salto de Obstáculos

Para pechar a edición, a segunda fin de semana (do venres 15 ao domingo 17 de maio), acollerá o gran Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos. Serán tres días intensos para vivir a hípica de alto nivel ben de preto e desfrutar das competicións dende as nosas bancadas.

Bautismos para colexios

Entre o luns 11 e o xoves 14 de maio, as nosas instalacións encheranse de nenos e nenas para gozar dos xa tradicionais bautismos ecuestres. Cómpre lembrar que esta actividade cotiá está pechada e dirixida en exclusiva para os centros escolares, co obxectivo de achegar o mundo do cabalo aos máis pícaros de xeito seguro.

Agardámoste para gozar da paixón polo mundo do cabalo.

Vémonos no Pazo!

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    8 mayo, 2026 18:00
  • F. fin
    17 mayo, 2026 15:00
  • Categoría