A feira de ocio xuvenil contará con diferentes actividades para os máis novos. O Salón do Ocio Infantil e Xuvenil vai  ter lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante boa parte das datas de nadal e cun horario de 16:30 a 20:30.

 

Datas de apertura

Do 4 ao 8 de decembro de 2021

Do 11 ao 12 de decembro de 2021

Do 18 ao 19 de decembro de 2021

Do 22 ao 23 de decembro de 2021

Do 25 ao 30 de decembro de 2021

Do 1 ao 4 de xaneiro de 2022

Do 6 ao 9 de xaneiro de 2022

Táboa de prezos

O precio da entrada xenérica ao Salón de ocio é de 6€

Bono grupo (10 persoas por 50€, válido para un só día)

Entrada á pista de minigolf 1,5€

Toro mecánico 2€

Pista de slot 2€

Rocódromo 2€ (2 subidas)

Prezos para Concellos, Colexios e Asociacións faranse con reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas e a entrada terá un prezo de 4,50€

Papá Nöel en Xuvenlugo

Durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán no Pazo da visita o día 23 de Decembro, de Papá Nöel para recoller as cartas dos nenos/as. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes podan sacar fotografías.

Máis información acerca de Xuvenlugo:

Como en anos anteriores, a 22ª edición de  Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor que os une, dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Establécense diversas áreas destacando a presenza de:

ÁREA “LÚDICA”

Situada no Pavillón 2, Pavillón 1 e no túnel de conexión. Esta zona está dirixida a nenos e nenas de cero a catorce  anos. Nela desenvolveranse as seguintes actividades:

1.- Espazo infantil (Ludoteca): pensada para nenos e nenas de cero a seis anos, pretende ser un espazo que oferte actividades adaptadas para esas idades onde poidan estar con total seguridade e pasando en grande. Este espazo estará xestionado por monitores debidamente experimentados e cualificados.

O espazo, ubicado no túnel de conexión entre pavillóns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, estará dividido en dúas zonas principais:

  • A primeira área destinada aos nenos de 0 a 3 anos e estará dotada dun chan de Paviplay delimitado que aislado pavimento e facilita que os nenos e nenas poidan estar sentados no chan, gatear e xogar con comodidade, protexéndoos ante caídas ou golpes. Neste espazo haberá xogos e xoguetes variados: de percepción sensorial, de manipulación, de coordinación de movementos e de psicomotricidade, xogos de psicomotricidade, pezas de construción xigantes, tobogán, quebracabezas, cubos de figuras, correpasillos, casiña de xogos, pintacaras, etc. Ademais este espazo contará cun inchable “O bosque”, de medidas 4 m. de largo x 6m. de ancho x 1,8m. de alto, que se converte no lugar ideal para iniciar aos máis pequenos en actividades motrices de equilibrio ou salto.
  • A segunda área da Ludoteca para nenos de 4 a 6 anos conta cun inchable chamado Bombeiros, especial para nenos xa que é  moi compacto e protexido. (Medidas: 6 m largo x 5 m ancho x 2,7 m alto).

Espazo de animación dentro da Ludoteca: Continuando o percorrido de actividades no túnel, a oferta ofrece nesta área un amplo abano de posibilidades de xogo e diversión:

  • En primeiro lugar, un espazo de talleres. Este espazo, dotarase de materiais para a realización de diferentes talleres, organizados en días rotatorios, tales como: globoflexia, pintacaras, reciclaxe e gran novidade de baile con mini-coreos.
  • Tamén habilitaremos unha zona de xogos xigantes: un twistter, un tres en raia, o xogo da ra, paracaídas, aros, etc e xogos tradicionais.Xunto con todas estas actividades nos momentos onde temos un maior número de nenos teremos a visita de Minion e de Chase da patrulla Canina para que os nenos poidan saudar, sacarse fotos e ata xugar na ludoteca con eles facendo que a visita sexa inesquecible.

2.- Zona de xogos recreativos, na que os mozos/as converteranse en verdadeiras estrelas dos videoxogos, etc.

 3.- Circuito interior de Minigolf con diversas estacións rotatorias que permiten albergar gran cantidade de participantes e que son a mellor forma de iniciarse neste deporte.

4.-Pista de Slot. Os visitantes de Xuvenlugo poderán gozar de pistas de Slot, hobbie que atrae tanto o público infantil como  ao adulto.

5.-  Inchables de gran formato. Ademais dos inchables da zona infantil, este ano contaremos con catro inchables de gran tamaño con innumerables  posibilidades de xogo:

  • INCHABLE MULTIDEPORTE :Este inchable de grandes dimensións soprenderá aos usuarios e conseguiran que gocen ao máximo a experiencia competindo entre eles. Pódese utilizar para fútbol ou voleibol.
  • BOB ESPONJA: Inchable de grandes dimensións caracterizado por un dos debuxos mási queridos polos nenos.
  • PISTA MULTIAVENTURA ( Dimensións: 16 m largo x 4 m de ancho e 4,5 m de alto):A pista multiaventura é o mellor inchable para superar obstáculos xa que consta de dúas zonas diferenciadas. Na primeira aparecen uns buracos ao entrar e a continuación atopamos uns pilares verticais e dous tubos horizontais que os usuarios deben superar para chegar a segunda zona na  hai unha rampa  de 3,5 m. que os nenos teñen que escalar coa axuda dos ladrillos e ao chegar ao cumio deslízanse por un gran tobogán terminando o percorrido.Este inchable é moi dinámico e movido xa que os nenos non paran de  superar obstáculos entrando e saíndo do inchable.

6.- Inchable Formato Mediano Debuxos (Dimensións: 8 m largo x 5 m de ancho e 5 m de alto). Idades recomendadas de 5 a 10 anos

Este inchable no comezo contén  obstáculos para que os nenos poidan  ir saltando e ao final hai unha zona de subida que remata nun tobogán.

7.- Atraccións: Tren da bruxa, Saltamontes, Scalextric, Dragón, Baby Sport, Coches de choque,  Camas elásticas, Tirachinas, Dragón, Norea, Maxi Dance….etc.

Unha ampla variedade de  atraccións  que recrean o ambiente das festas das cidades e pobos, coa excepción de que aquel que compre a súa entrada para Xuvenlugo adquirirá o  dereito a subir tantas veces como queira a estas atraccións.

8.- Touro Mecánico.O touro mecánico é unha atracción con diferentes niveis de dificultade que se adaptan ao mozo ou a moza que participa poñendo a proba a súa habilidade como xinete. Trátase dunha actividade controlada por profesionais para pequenos e grandes.

9.- Rocódromo. É a instalación ”indoor” máis importante no panorama nacional que  permite desenvolver actividades  de montaña nun espazo controlado para  satisfacer a demanda de ocio familiar, deporte base, alta competición e  formación profesional.

 

 

 

 

Detalles Evento
Etiquetas