Temos o pracer de ofrecerlles un ano máis a nosa oferta de ocio infantil e xuvenil nestas vacacións de Nadal. Como en anos anteriores, a 25ª edición de Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor que os une dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para ter unha tarde en familia moi divertida.
Datas de apertura
Do 6 ao 10 de decembro de 2023
Do 15 ao 17 de decembro de 2023
Do 21 ao 23 de decembro de 2023
Do 25 ao 30 de decembro de 2023
Do 1 ao 4 de xaneiro de 2024
Do 6 ao 7 de xaneiro de 2024
Horario apertura
De 16:30 a 20:30h
XORNADA DE PORTAS ABERTAS CONCELLO DE LUGO:
DÍA 15 DE DECEMBRO DE 2023
XORNADA DE PORTAS ABERTAS DEPUTACIÓN DE LUGO:
DÍA 21 DE DECEMBRO DE 2023
- Papá Noel en Xuvenlugo
Durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán no Pazo da visita o día 23 de Decembro, de Papá Nöel para recoller as cartas dos nenos/as. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes podan sacar fotografías.
- Paxe real en Xuvenlugo
Tamén contaremos o 4 de xaneiro coa visita dun paxe real para aqueles nenos e nenas que queiran dar a sua carta aos reis magos con anterioridade a sua chegada a Lugo.
Táboa de prezos
O precio da entrada xenérica ao Salón de ocio é de 7€.
Bono grupo (10 persoas por 60€, válido para un só día)
Prezos para Concellos, Colexios e Asociacións faranse con reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas e a entrada terá un prezo de 5€
A entrada inclúe todas as atraccions e inchables todas as veces que queiras excepto as seguintes actividades:
Pista de minigolf: 1,5 €
Pista de slot: 2€
Rocódromo: condicións por confirmar. Para maiores de 4 anos.
Barredora: 1,5€
A venda de entradas será no despacho de billetes cada día, non é necesario comprar as entradas con anterioridade (fóra de grupos, que necesitan reserva previa)
Máis información acerca de Xuvenlugo:Información Xuvenlugo 2023-24