III Feira de Educación, Formación e Emprego

Alumnado na feira de educacion no pazo de lugo

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle unha nova edición da Feira de Educación, Formación e Emprego. Este 2026, na súa terceira edición, o evento consolídase como o punto de encontro principal para estudantes, familias e centros, reunindo nun mesmo espazo a ampla oferta académica e de saídas laborais dispoñibles hoxe en día para a nosa mocidade.

A continuación, detallamos toda a información de interese para planificar a súa visita:

Datas e Horarios de apertura

O evento desenvolverase en dúas xornadas completas: martes 17 e mércores 18 de marzo de 2026.

  • Horario: De 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

Nota sobre visitas escolares: As quendas e visitas grupais dos centros educativos xa están organizadas e coordinadas. Non obstante, o acceso é totalmente libre para que as familias e o público xeral poidan acudir pola súa conta para axudar aos mozos a elixir o seu futuro.

Oferta expositiva e orientación

A presente edición contará cunha gran variedade de stands e profesionais dedicados a orientar aos mozos e mozas de xeito personalizado. A zona expositiva e informativa estará formada por:

  • Centros de Formación Profesional (FP) con información sobre os ciclos formativos con maior demanda e saídas.
  • Universidades do sistema universitario e centros adscritos.
  • Escolas oficiais e Conservatorios.
  • Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias: con presenza destacada das Forzas Armadas, Garda Civil e Policía, informando sobre os procesos de acceso e a carreira profesional no sector.

Programa de actividades (Proximamente)

Ao igual que na pasada edición, a zona de exposición complementarase cun programa de charlas, presentacións e obradoiros de grande interese para a orientación académica e laboral dos asistentes. A axenda completa de actividades e os seus horarios detallaranse proximamente nesta mesma páxina.

Acceso e Entradas

A entrada á III Feira de Educación, Formación e Emprego é totalmente de balde. Non é necesario adquirir nin reservar entrada previa para acceder ao recinto.

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    17 marzo, 2026 09:00
  • F. fin
    18 marzo, 2026 19:00
  • Categoría