Do 2 ao 11 de maio de 2025, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase unha vez máis no epicentro do mundo ecuestre coa celebración da XVIII edición de Equigal, Salón Internacional do Cabalo de Galicia. Un evento referente en Galicia que reunirá aos mellores exemplares de raza árabe e galega nun ambiente único (dirixido a profesionais, criadores e público en xeral).

Durante dúas fins de semana consecutivas, o certame ofrecerá unha gran programación con actividades para tódolos públicos:

  • Do 2 ao 4 de maio: Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos.
  • Do 5 ao 9 de maio: Bautismos ecuestres (actividade exclusiva para centros escolares).
  • 10 e 11 de maio: XVIII Concurso Morfolóxico de Cabalo de Raza Árabe (PRA).
  • 11 de maio: VIII Concurso Morfolóxico de Cabalo de Raza Galega (PRG).

Tódalas actividades contarán con entrada de balde, ofrecendo unha oportunidade perfecta para desfrutar deste marabilloso mundo nun contorno profesional e familiar.

Información importante

  • Inscrición para o VIII Equigal Arabic Horse Show. O prazo para participar no concurso de cabalo árabe remata o 2 de maio de 2025. Accede aquí ao formulario de inscrición.
  • Bautismos ecuestres para escolares: As actividades de iniciación á equitación están dirixidas exclusivamente a colexios e non se permite a asistencia individual.

Horarios

Concurso Hípico Nacional de Salto de Obstáculos

  • Venres 2: de 15:00 a 21:00 h.
  • Sábado 3: de 11:00 a 14:00 e  de16:00 a 20:00 h.
  • Domingo 4: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Bautismos Ecuestres

VIII Show Internacional Cabalo Árabe 2025

Horarios: Pendentes de confirmar

Detalles Evento
Etiquetas