
EVENTO PECHADO AO PÚBLICO XERAL
Podes seguilo por streaming na canle
Youtube Ferias Lugo
A décimo terceira edición de “EQUIGAL – Salón Internacional do Cabalo de Galicia”, abrirá as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 25 ao 27 de setembro e do 3 ao 12 de outubro de 2020.
Dende o seu comezo no 2008, Equigal tivo un crecemento espectacular, consolidándose coma o Salón Ecuestre máis importante e un referente no noroeste de España, e que demostra unha clara evolución do sector ecuestre en Galicia como xerador de recursos económicos e emprego. Este certame está integrado no Calendario Oficial de Concursos PRE da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE) que permite que conte cun gran prestixio a nivel nacional e internacional avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América. Este ano como novidade incorpórase un Concurso de Cabalos de Pura Raza Árabe puntuable para o campionato de España
Para este sector é imprescindible contar co apoio e esforzo de todas as institucións e actores da sociedade xa que que en xeral o sector primario é fundamental para Galicia e o sector equino ten un gran potencial de volume de negocio . Entorno ao cabalo español gravitan diversos sectores de capital importancia, en concreto, os relacionados con eventos, concursos e certames dedicados ao cabalo de Pura Raza Española, a compra-venta de exemplares, a venda de semen para o exterior, destinado a mellorar tanto á propia raza como a doutras cabanas gandeiras, etc.
Indirectamente tamén xera altas cifras de negocio en campos como o da nutrición, a maquinaria agrícola, empresas relacionadas coa fabricación de infraestruturas: boxes, peches de finca, acondicionamento de cuadras, sen esquezernos do ámbito veterinario, o sector da guarnicionería e artigos para a equitación.
Aínda que Galicia é unha comunidade de recente tradición nos Cabalos de Pura Raza, xa é notoria a presenza do mesmo a través de importantes ganderías. Nos últimos anos Galicia destaca por ser unha das comunidades españolas que máis incrementou o número de exemplares de esta raza nas súas ganderías. En concreto o incremento da cabana galega multiplicouse por tres nos últimos anos. De aí o interese por albegar un salón dedicado a esta raza de cabalos.
Equigal, asegura ano tras ano un éxito de participación e público, superando nos últimas anos os 16.000 visitantes.