Temos o pracer de ofrecerlles un ano máis a nosa oferta de ocio infantil e xuvenil nestas vacacións de Nadal. Como en anos anteriores, a 26ª edición de Xuvenlugo ocupará os dous pavillóns e o corredor que os une dentro das instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de novas atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para ter unha tarde en familia moi divertida.

 

 

Datas de apertura

Do 5 ao 8 de decembro de 2024

Do 13 ao 15 de decembro de 2024

Do 20 ao 23 de decembro de 2024

Do 25 ao 30 de decembro de 2024

Do 1 ao 4 de xaneiro de 2025

 

Horario apertura

De 16:30 a 20:30h

 XORNADA DE PORTAS ABERTAS DEPUTACIÓN DE LUGO:

DÍA 13 DE DECEMBRO DE 2024

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CONCELLO DE LUGO:

DÍA 20 DE DECEMBRO DE 2024

 

  • Papá Noel en Xuvenlugo

Durante Xuvenlugo os rapaces disfrutarán no Pazo da visita o día 23 de Decembro, de Papá Nöel para recoller as cartas dos nenos/as. Poñerase un photocall e atrezzo con motivos de Nadal para que os cativos e os seus acompañantes podan sacar fotografías.

  • Paxe real en Xuvenlugo

Tamén contaremos o 4 de xaneiro coa visita dun paxe real para aqueles nenos e nenas que queiran dar a sua carta aos reis magos con anterioridade a sua chegada a Lugo.

Táboa de prezos

O precio da entrada xenérica ao Salón de ocio é de 9€.

Bono grupo (10 persoas por 80€, válido para un só día)

Prezos para Concellos, Colexios e Asociacións faranse con reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas e a entrada terá un prezo de 7€

A entrada inclúe todas as atraccions e inchables todas as veces que queiras excepto as seguintes actividades:

Pista de minigolf: 1,5 €

Pista de slot: 2€

Rocódromo: condicións por confirmar. Para maiores de 4 anos.

Touro mecánico: 2€

A venda de entradas será no despacho de billetes cada día, non é necesario comprar as entradas con anterioridade (fóra de grupos, que necesitan reserva previa)

Máis información acerca de Xuvenlugo:Información Xuvenlugo 2024-25

 

Detalles Evento
  • Días
    Horas
    Min
    Sec
  • F. inicio
    5 diciembre, 2024 16:30
  • F. fin
    4 enero, 2025 20:30
  • Categoría