A actividade da feira contara con espazos de promoción, venta, exposición, degustacións, showcooking, catas, presentacións de produtos, musica en directo, espazo para meniños con actividades durante o desenrolo da mesma, conferencias e eventos exclusivos para o profesional da hostalaría.
A iniciativa trátase dun proxecto de carácter comercial e publicitario, onde a Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación pretende crear unha feira con todos os asociados interesados en dar a coñecer os seus produtos e sobre todo e fortalecer a súa imaxe despois da crise sufrida pola Covid-19 o pasado 2020 e as continxencias que se atopan debido a ela neste mesmo ano. A importancia da cidade de Lugo como parte fundamental e histórica do Camiño de Santiago, beneficiaría de forma directa e indirecta tanto para os principais afectados e a diferentes organismos públicos a creación da feira.